GazeGroup: accesibilidade de código aberto

104

Lendo mancomun.org:
“Os sistemas de ‘gaze tracking’ (seguimento de mirada) son sistemas que permiten o manexo dun ordenador cos ollos, xa para mover o cursor, xa a través dunha interface adaptada.
O ITU GazeGroup é un grupo de investigación da IT University de Copenague, en Dinamarca, centrado en estudar temas como o seguimento dos ollos (eye tracking), a interacción coa mirada, e a uso da mirada para estudos de usabilidade.
As investigacións deste grupo inclúen análise, usabilidade, e creación de algoritmos para:
* controlar o seguimento dos ollos e facer predicións a partir da mirada.
* crear interfaces de usuario robustas, eficientes e sinxelas
* facilitar a mobilidade; control de vehículos, tales como cadeiras de rodas, coa mirada”…
RTEmagicC_gazetracker.png


…”Con estes obxectivos, a xente do GazeGroup pon á disposición do público unha serie de ferramentas enfocadas á accesibilidade e ao control do ordenador coa mirada. Estas ferramentas inclúen:
* ITU Gaze Tracker: Un aplicativo de código aberto que pretende ofrecer unha alternativa de baixo custo a sistemas comerciais de seguimento da mirada.
* GazeTalk: É un sistema preditivo de entrada de texto. O obxectivo deste proxecto é crear un sistema alternativo e aumentativo de comunicación (SAAC) baseado no seguimento da mirada e compatíbel con varios idiomas.
* StarGazer: Trátase dunha innovadora interface tridimensional para a interacción a través da mirada baseada no uso continuo do zoom, deseñada coma un sistema preditivo de entrada de texto. Está aínda en fase experimental.
* EyeTube: EyeTube é un prototipo que ofrece unha interface controlada cos ollos, con moitas características, para youtube. No canto de emular un punteiro de rato e interactuar cun navegador web, a interface de EyeTube está especialmente deseñada para manexarse mediante o control coa mirada.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios