O programa, denominado “Ponte en danza” celebra o Día internacional da danza

47

danza.jpg
[RTV Eume] O vindeiro día 29 celébrase en todo o mundo o Día internacional da danza. Na nosa vila, as celebracións vanse adiantar a esta fin de semana, e de novo terán a presenza na rúa como eixo principal.
As clases das distintas disciplinas de danza do venres e o sábado vanse trasladar da Casa Dopeso ó parque municipal, continuando cunha iniciativa que cumprirá con esta a terceira edición.


O programa, denominado “Ponte en danza”, mobilizará, a traverso desta especial celebración ó redor dun cento de alunos e alunas de danza clásica, e moderna.
O venres as clases no parque serán de catro e media a oito e media da tarde, e o sábado toda a mañá, entre as dez e media e as dúas e media.
Ademais, no cine proxectarase a película Street dance, para a que se deron invitacións a tódolos alunos e alunas das clases das escolas municipais de danza. Foi no 1982 cando o Comité Internacional da Danza da UNESCO fundou o día Internacional da Danza.
A súa celebración quedou no 29 de abril de cada ano, data na que se conmemora o nacemento de Jean Georges Noverre, bailarín que naceu en 1727 e foi un grande reformador da danza, e o creador da considerada a Biblia da danza, na que analisa o carácter da danza e do ballet: “As Cartas da danza e o Ballet”, aínda moi vixente.
O Día Internacional da Danza contitúe, sen dúbida, unha boa escusa para reunir a tódolos xéneros dancísticos para celebrar esta manifestación artística e a súa universalidade.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios