HOMENAXE Ó DESPARECIDO CLUB AUTOS PUENTES DE FÚTBOL SALA

429

Un grupo de antigos xogadores e directivos do club de fútbol sala Autos Puentes teñen previsto organizar unha xornada de confraternidade para o vindeiro sábado, 30 de maio.

Autos-Puentes-1982-83.jpg

Autos Puentes 82-83


O obxectivo dos promotores é facer unha homenaxe a este histórico club pontés, que marcou toda unha época no fútbol sala pontés, sendo un dos pioneiros neste deporte a nivel galego e incluso estatal, chegando a militar varias temporadas na primeira división nacional, a que hoxe en día é a categoría de prata.
Un club polo que pasaron, en case trinta anos de historia, preto de trescentos xogadores, a maioría deles da propia localidade das Pontes, pero, tamén doutros lugares de Galicia, Asturias e incluso de Brasil, Paraguai, Uruguai e Perú. Un Autos Puentes que conta no seu amplo historial deportivo con varios títulos de liga, unha copa de Galicia e numerosos trofeos.
O programa está aínda sen concretar. Pero, segundo os promotores barállase un encontro amigable entre antigos xogadores do club e logo un xantar de confraternidade, ademais dunha pequena exposición de fotografías. Os interesados en participar nesta interesante xornada poden contactar nos teléfonos 699.219.277 e 665.637.534.

Autos-Puentes-1990-91.jpg

Autos Puentes 90/91

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios