Campionato Galego Alevín. As Pontes 1 Santiago de Compostela 0

66

Xa de por si tivo moito mérito pra os alevíns do CD As Pontes, que dos 33 equipos que participaron la Liga, foran, xunto ó Racing de Ferrol, os dous únicos conxuntos en clasificarse para xogar o Campionato galego, pero os ponteses queren seguir facendo historia e hoxe venceron ó equipo da capital galega, o Santiago de Compostela, por 1 gol a 0, tanto anotado por Brais Blanco de cabeza no primeiro tempo. Unha primeira metade na que os locais puideron e mereceron, por ocasións, anotar algún tanto máis, pero o marcador non se moveu. No segundo tempo, os ponteses acusaron o esforzo e os santiagueses dominaron e mesmo puideron anotar algún gol, pero os alevíns sacaron a casta e souberon manter a portería a cero. Parajón sacou de inicio a Ángel Prieto, Iván, Alex Pico, Alex Fernández, Nahúm, Brais Blanco e Fornos, tamén xogaron Ángel Caínzos, Jorge e David Rey. Antes do inicio do partido entregouselle ós alevíns o trofeo do título acadado na Liga de Ferrol, e os santiagueses fixeron o pasillo de honra. O próximo sábado, no encontro de volta en Santiago, os ponteses tentarán manter a súa vantaxe e clasificarse pra a seguinte rolda no complicado Campo do Sar, pero, a pesar de que xa teñen o seu obxectivo máis que cumprido, os alevíns queren seguir facendo historia.

futbol_aspontes_000.jpg


futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

futbol_aspontes_000.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios