Triunfos do xuvenil, infantil e benxamín

96

Vitoria moi sufrida pero, pero tres puntos moi importantes pra o Xuvenil A de Liga Nacional, que gañou 1-0 ante o Alerta Traviesas de Vigo, gol de Borja nos primeiros minutos. Na segunda parte os visitantes dominaron máis e incluso puideron marcar no último minuto con un tiro ó longueiro, pero os tres puntos quedaron en casa dun As Pontes que con unha vitoria máis nos 5 encontros que quedan prácticamente certificaría a súa presencia un ano máis na categoría. Xogaron Marcos Souto, Antón, Noé, Kiko, Cristian, Alex Antón, Diego, Luis Varela, Borja, Cañizares, Junior. Na segunda metade entraron Donapetry, Ali, Pellón e Alex Fresco. Nos partidos da mañá vitoria dos infantís por 4 a 1 ante o Galicia de Caranza, goles de Lucho (2), Galego e Capela, triunfo tamén dos benxamíns por 6 a 1 ante o Racing de Ferrol, 2 goles de Josiño Pico (foto), que xa leva 57 na Liga, Alex Canosa, Antón, Adrián e Diego. Os prebenxamíns non puideron completar o pleno de triunfos e perderon ante o Eume (0-2). Por outra banda en partido xogado fóra, vitoria do equipo cadete en Pontedeume. De gañar o último encontro en Ares perante o Numancia os cadetes conquistarían a Liga.

futbol_infa_001.jpg


futbol_infa_001.jpg

futbol_infa_001.jpg

futbol_infa_001.jpg

futbol_infa_001.jpg

futbol_infa_001.jpg

futbol_infa_001.jpg

futbol_infa_001.jpg

futbol_infa_001.jpg

futbol_infa_001.jpg

futbol_infa_001.jpg

futbol_infa_001.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios