REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 2 SANTIAGO DE COMPOSTELA 0

78

Prácticamente selou o As Pontes a súa permanencia un ano máis na categoría trala vitoria sufrida de hoxe ante o Santiago por 2-0, tantos dos canteiráns Boo e Carba. Adiantáronse os locais no 12´ tras un xogadón de Boo, que se sumou ó ataque dende a defensa, e tras combinar con un compañeiro plantouse so ante Jose, e en dous tempos terminou mandando o balón ó fondo das mallas. Puido volver a marcar o As Pontes nunha clara ocasión de Pedro, primeiro, e Troncho despois, pero Jose salvou (67´). Os visitantes crearon problemas durante todo o encontro, pero poucas ocasións de perigo. Firmou a sentencia no desconto Carballeira con un sensacional gol case sen angulo. Tres puntos que casi confirman definitivamente a presencia do As Pontes un ano máis na Rexional Preferente.


CD. As Pontes 2
Ángel, Hugo, Jorge, Chote, Boo, Brais, Pablo (Esmorís 60´), Alonso, Rebolo (Pedro 64´), Troncho (Seco 80´), Moreno (Carba 60´).
Santiago de Compostela 0
Jose, Óscar, Marcos, Mar, Fernando, Martín, Xaco (Pepe 66´), Adrián Cabado (Rubén 45´), Everton, Adrián (Villar 45´), Franqueiro (Jacobo 45´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, cerca de 100 espectadores. Partido correspondente á 34ª xornada.
Árbitro: Martínez Vila (Ourense). Auxiliado por Martínez Vila e Zulema.
Amoestacións: Polo As Pontes, Pablo, Troncho, Jorge, Moreno e Chote. Polo Santiago Marcos. Expulsou ó adestrador visitante Tono Insua con vermella directa.
Goles: 1-0. Minuto 12. Adrián Boo, 2-0. Minuto 93. Carballeira.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios