I Concurso Pegadas de Relatos Curtos

132

pegadas.jpg


1.- Os relatos non superarán en ningún caso as dúas follas en letra Times New Roman, corpo 12 (equivalente a 900 palabras) e, no caso de que sexan escritos á man os tres folios. Non poderán ser inferiores a 300 palabras ou un folio escrito á man.
2.- Deberán ser orixinais e inéditos e poderán presentarse todos os nenos e nenas dos nove concellos do territorio (San Sadurniño, As Somozas, As Pontes, A Capela, Monfero, Vilarmaior, Pontedeume e Cabanas) dende os seis ata os 17 anos, é dicir, todos os nenos e nenas de Primaria, Secundaria e Bacharelato.
3.- Os textos deberán estar escritos en galego e o tema será LIBRE así como o formato ( entrevista, conto, carta de opinión, redacción) e poderán ser sobre temas de actualidade ou que lles preocupen, cousas que cambiarían, etc. Os alumnos e alumnas que o desexen poden acompañar o seu texto dun deseño ou fotografía.
4.- Cada autor poderá presentar o seu texto a través dos seus mestres ou mestras ou envialo directamente seguindo o procedemento de envío de textos descrito máis adiante .
5.- Os autores autorizan a difusión dos textos no xornal Pegadas ou nas diferentes publicacións nas que a Asociación EuroEume colabore.
6.- O prazo de presentación comeza o vindeiro 1 de abril e rematará o 5 de maio. A entrega de Premios terá lugar en Maio, en data a determinar.
7.- O xurado estará composto por redactores e redactoras do xornal Pegadas, socios da Asociación EuroEume e mestres e mestras do territorio.
PREMIOS
8.- O xurado concederá tres premios:
1º Un primeiro premio “ENDESA” ao mellor de todos os traballos presentados consistente nun miniordenador portátil.
1º Premio Pegadas ao mellor texto de Secundaria e Bacharelato consistente nunha cámara fotográfica dixital doada por Playlife.
1º Premio Pegadas ao mellor texto de Primaria consistente nun Ipod doado por Severiano Comercial.
9.- Ademais dos devanditos premios, haberá un sorteo dos seguintes agasallos entre todos os participantes:
-Unha sesión fotográfica con álbum dixital doada polo fotógrafo Javier Piñeiro.
-Lotes de libros e de material escolar doados polas librarías: Cunqueiro, Áncora, Jara e Carlín. Os centros escolares dos gañadores recibirán outro lote de libros.
– Tres memorias USB de 4 Xigas doada por Electrodomésticos Molares.
-Tres auriculares doados por Preludio Musical.
-Tres cheques-agasallo doados por Beleza e Benestar.
10.- A entrega de premios terá lugar na vila das Pontes e se lle dará toda a repercusión posible nos medios locais. Os gañadores recibirán a comunicación cun mínimo de tres días de antelación.
CLÁUSULA
11.- A participación presupón a aceptación das presentes bases, sendo, en calquera caso, a decisión do Xurado inapelable.
PROCEDEMENTO DE ENVÍO DOS TEXTOS
12.- Os textos poderán ser enviados a xornalpegadas@gmail.com; por correo ordinario, á Rúa da Capela, 21 15320 As Pontes, ou en sobre pechado ao mesmo enderezo. Facendo constar dun xeito visible “I Concurso Pegadas de Relatos Curtos”.
Cada autor fará constar o seu nome completo, idade, curso, centro no que estuda, dirección e teléfono de contacto.
As bases do concurso aparecerán publicadas no número de Abril do xornal Pegadas e na páxina web de EuroEume www.euroeume.org

colaboran.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios