A cidade de Amsterdam migra a OpenOffice.org e Firefox 15.000 computadores da Administración local

69

Lendo mancomun.org:
“O Concello da cidade de Amsterdam acordou recentemente que sexa o OpenOffice.org e Firefox os aplicativos que estean instalados de modo predeterminado nos preto de 15.000 computadores empregados pola Administración local. A decisión aprobouse por unanimidade nunha moción plenaria, segundo a cal se instruirá ao persoal da Administración municipal para que estes aplicativos poidan ser as opcións escollidas para o traballo diario da oficina.
As autoridades locais manifestaron a súa intención de comezar a planificar canto antes a migración de todos os computadores a un completo escritorio de fontes abertos e agardan poder presentar unha proposta antes de finais de ano.”…


…”Por outra parte, o Concello ten o propósito de incrementar, posteriormente, o ámbito de aplicación deste plan piloto de migración. Así, buscaríase abranguer un segundo distrito da cidade e un segundo departamento de servizos para a migración dos escritorios.
Esta medida adóptase, non obstante, a raíz dunha solicitude de acordo de licenza coa empresa Microsoft, o cal, segundo explicou a Administración, era necesario para poder empregar un programa propietario de virtualización.
En calquera caso, a administración tratou de edulcorar esta adquisición de licenzas reducindo o volume de certificados no que respecta á navegación, que sería substituído por Firefox, e ofimática con OpenOffice.org. “…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios