Remata a ‘I Semana do Software Libre’ en Melide

112

Lendo webmelisa.es:
“A I Semana do Software Libre, organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre de Melide (Melisa), concluíu as súas actividades o pasado domingo 26 de abril cunha valoración moi positiva por parte dos organizadores en canto a índice de participación se refire, pero tamén ao interese suscitado arredor dos proxectos de software libre que se estaban a promocionar.
As xornadas deron comezo o luns 21 cunhas charlas introdutorias sobre software libre dirixidas ao alumnado de cuarto de ESO e segundo de Bacharelato do IES de Melide. Á parte da formación teórica, estes rapaces tiveron a ocasión de participar dun obradoiro no que puideron coñecer de primeira man o funcionamento do Galinux, o completo sistema operativo libre e en galego promovido dende Mancomún. A maiores, cada un dos asistentes recibiu un exemplar do Galinux.”…


…”O mércores 23 presentouse ante os empresarios da comarca – membros da Asociación de Empresarios Terra de Melide- as vantaxes que supón o uso deste tipo de software na PEME. O encontro contou coa colaboración de Jose Limeres da empresa galega BoraTelecom, quen se encargou de presentarlles aos asistentes as características e funcionalidades do programa de facturación e contabilidade AbanQ.
Os socios de ASETEM definiron como moi produtiva a experiencia, iniciando un extenso debate ao final da presentación co fin de tratar de aclarar as dúbidas. Cuestións como a gratuidade do software libre, a súa seguridade, ou o seu uso nos tempos de crise que están a vivir moitas empresas, foron algunhas das cuestións tratadas.
Como remate das xornadas, Melisa estivo presente na V Foliada de Melide cun expositor onde mostrou o perfil máis lúdico do software libre. Para iso habilitouse no espazo da feira unha alfombra de baile controlada totalmente con software libre (Stepmanía) e que fixo as delicias dos máis pequenos, e non tan pequenos.
Asemade, baixo o reclamo da mascota xigante do Galinux, deuse resposta a todas as consultas das persoas interesados sobre tecnoloxías de código aberto e facilitouse a inscrición para formar parte de nova asociación.
O presidente da asociación, Rafael Rodríguez, quixo facer extensíbel o seu agradecemento a todas as persoas “que dalgunha ou outra forma fixeron posibel o éxito en todas as nosas actividades” e animou a todos os interesados a seguir as actividades do grupo a través da nova web (www.webmelisa.es). “…
Fonte: webmelisa.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios