Mellorando o visionado das fontes en Ubuntu

117

Lendo glug.es:
“Outro truquecho para os que se inician nisto de GNU/Linux, e neste caso para mellorar a apariencia xeral da nosa Ubuntu. Son truquechos sinxelos nas fontes que veredes que melloran e quedan moi ben.
Primeiro imos coa parte difícil, xa que precisamos unhas modificacións na terminal. Abrimos a terminal mediante Aplicacións -> Accesorios -> Terminal e escribimos:

$ sudo dpkg-reconfigure fontconfig-config

Seleccionamos:
– AutoSuxerido
– Automático
– Non
Pechamos sesión, voltamos a abrir e continuamos.”…


…”Agora imos coas opcións máis sinxelas, xa que o podemos facer mediante interface gráfica. Abrimos “Aparencia” que está no menú Sistema > Preferencias > Aparencia e imos á lapela Tipos de Letra
Activamos Suavizado de Pixel e facemos clic en Detalles… onde configuramos como podemos ver na imaxe.
Captura-de-pantalla-Detalles+da+renderización+do+tipo+de+letra.png
Outro truquecho máis e pra rematar. Podedes instalar o paquete ttf-droid que contén a familia de tipos de letra Droid moi chula e que se ve perfecto na pantalla. Procurade este paquete no Xestor de paquetes Synaptic dende o menú Sistema > Administración
Espero vos guste!
Fontes:
http://ubuntulife.wordpress.com/2009/04/25/tip-instalar-las-fuentes-de-texto-android-en-jaunty/
http://ubuntulife.wordpress.com/2009/04/25/tip-mejorar-el-aspecto-de-las-fuentes-de-texto/
“…
Fonte: glug.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios