Copa Galega Feminina. As Pontes 2 Soutomaior 2

78

Empate a dous entre as locais e as pontevedresas na terceira xornada de Copa disputada hoxe, nun encontro no que as pontesas comezaron poñendose con 2-0 e ó final incluso tiveron que dar como moi bo o empate a 2-2. Mar no minuto 3´ dispuxo dunha boa ocasión ante unha insegura porteira visitante, si se adiantaron as locais no 4´ gracias a un gol olímpico de Paty, que marcou de córner directo. Mellor se lle puxeron as cousas ó As Pontes cando tras un centro de Carlota, Sara marcou a placer (28´). Pero as visitantes tiveron o seu merecido premio antes do descanso, no 42´, cando tras unha falta lanzada por Bea, Leti despexa, o balón rebota en Desi, e acaba no fondo das mallas. Outra ocasión das visitantes no primeiro tempo foi unha falta ó longueiro de Bea no 23´. A veterana central visitante fixo un partidazo no campo de O Poboado, moi segura no centro da zaga, creando moito perigo cos seus lanzamentos de falta, e, sobre todo, dando unha lección maxistral ás máis novas; raza, garra, carácter, coraxe … imprescindibles pra triunfar no mundo do fútbol. Impecable o partido de Bea. Na segunda metade, no 58´, tras unha indecisión entre a zaga e a porteira local, Raquel aproveita pra marcar e poñer o empate a 2-2 no marcador. A partir de ahí, o encontro convertiuse nun toma e daca, con máis perigo das visitantes, pero a pesar do agotamento físico das pontesas, a defensa sacou a casta suficiente pra manter o empate no marcador, que visto o partido e vendo a clasificación, non é tan mal resultado pra as rapazas máis novas do CD As Pontes, que souberon sacar un valioso punto a pesar da ausencia das xogadoras máis experimentadas. Trala disputa da primeira volta a clasificación está liderada polo As Pontes, con 4 puntos, Soutomaior ten 2, e Salcedo 1. Si as pontesas vencen ó Salcedo en casa e sacan algo positivo en Soutomaior poderán clasificarse pra a Fase Final.

futbol_inf_0.jpg


CD As Pontes 2. Leti, Yaiza, Silvia, Jani, Alba, Andrea (Laura 79´), Lara, Sara (Paula 69´), Carlota (Arancha 79´), Mar (Carliña 69´) e Paty.
Soutomaior 2. Eva, Marta, Bea, Miriam, Irene (Lorena 74´), Desi (Noemí 87´), Sara, Raquel (Rocío 83´), Laura, Begoña e Barbara.
Goles: 1-0, Paty (4´), 2-0, Sara (28´), 2-1, Desi (42´), 2-2, Raquel (58´).
Árbitro: Aarón Casal.

futbol_inf_0.jpg

futbol_inf_0.jpg

futbol_inf_0.jpg

futbol_inf_0.jpg

futbol_inf_0.jpg

futbol_inf_0.jpg

futbol_inf_0.jpg

futbol_inf_0.jpg

futbol_inf_0.jpg

futbol_inf_0.jpg

futbol_inf_0.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios