Concurso de carteis FESTAS DO CARME E A FRAGA 2009

42

concurso-cartel-bases.gif


Primeira – Poderán participar todos os moz@s que teñan cumpridos os 14 anos antes do 25 de xullo de 2009, e non superen os 30 na mesma data.
Segunda – O motivo do cartel é anunciar as Festas do Carme e A Fraga do ano 2009. A técnica será libre, e aparecerá obrigatoriamente no cartel o seguinte texto:
FESTAS DO CARME E A FRAGA · AS PONTES · DO 17 AO 25 DE XULLO DE 2009
As medidas do cartel serán de 40 x 70 cms. como máximo. Só se poderá presentar un cartel por persoa/s, e deberá ser inédito e orixinal.
Terceira – O prazo de presentación e chegada dos carteis rematará 9 de maio o de 2009 ás 12:00 h. Os carteis serán entregados ou enviados ao Departamento de Cultura do Concello das Pontes, sito na Casa Dopeso, Rúa Rosalía de Castro, 28 – 15320 As Pontes, A Coruña. (teléfono: 981 44 03 44/ cultura@aspontes.org)
O cartel deberá vir acompañado dun sobre pechado e coa seguinte información no seu interior: nome, enderezo, fotocopia do DNI, e teléfono de contacto.
Cuarta – Establécese un premio de 300 € (trescentos euros) para o gañador, e dous accésits de 100 € c/u. Os carteis premiados quedará en propiedade do Concello das Pontes.
Quinta – O Xurado estará composto por persoas debidamente cualificadas e representantes do Concello, estes con voz pero sen voto, sendo o seu fallo inapelable. O Xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
Sexta – O Concello poderá utilizar a imaxe do cartel gañador noutras publicacións relacionadas ou non coas festas do Carme e A Fraga, así mesmo os carteis que non resulten premiados poderán ser expostos e publicados na revista das festas. Os carteis non premiados, poderán ser retirados na Casa Dopeso durante o mes de setembro. Os carteis non retirados nestes período quedarán en propiedade do Concello das Pontes.
Sétima – O Concello poderá corrixir os posibles erros e modificar ou incluír logotipos ou anagramas que non aparezan no orixinal.
Oitava – A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios