Enrique Fornos acude mañá a un adestramento da Selección Galega Alevín, no que se coñecerán os xogadores convocados por Galicia para ó Campionato de España

103

O xogador pontés Enrique Fornos terá mañá un compromiso moi importante coa selección galega alevín. Xogará, xunto a outros 17 futbolistas, un partido amistoso contra o quipo infantil do Deportivo da Coruña ás 16:15 no Campo de A Torre. Despois dese encontro o adestrador galego alevín facilitará a lista definitiva dos 12 xogadores (terá que facer 5 descartes) que acudan definitivamente ó Campionato de España Alevín que se celebrará en Madrid do 13 ó 17 de Maio, torneo no que, tralo sorteo, Galicia quedou encadrada no Grupo C, xunto ás seleccións homónimas de Cantabria, Baleares, Extremadura e Ceuta.


Para este partido, o seleccionador galego convocou ós seguintes xogadores
RC Deportivo da Coruña: Alejandro López, Ángel Esmorís, Alberto Leira, Javier Lorenzo, Alejandro Rodríguez.
RC Celta de Vigo: Iván Villar, Hugo Pintos, Abel Álvarez, Yelco Alfaya, Luis Fernández.
Pabellón Ourense: Pablo Fernández, Adrián Blanco.
Ural CF (A Coruña): Gustavo Soto.
UD Santa Mariña (Vigo): Brais Méndez.
Colexio Apostol (Vigo): Javier Barros.
EF Porteiro 2000 (Pontevedra): Borja.
CD As Pontes: Enrique Fornos.

Enrique Fornos

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios