Club de Montaña O Caxado

25

Este fin de semana do 1º de Maio o Club De Montaña O Caxado saíu de novo a camiñar, por un lado 17 socios do club trasladamonos ó Courel e outros dous prefiriron ir ata os Picos de Europa.
O grupo do Courel chegamos o Venres a media mañá á Seara despois dalgun pequeno problema no camiño que nos retrasou un pouco, comenzamos o camiño en Seara para subir pola lagoa da Lucenza ata o cumio de Formigueiros (1648 m.), o mais alto da serra, logo baixada polo pobo de Vieiros e o longo do rio ata Seara para logo coller os vehiculos e ir dormir a Quiroga, pois o refuxo da Seara estaba ocupado.
O Sabado, voltamos a subir ata Seara para dende ali comenzar a ruta que sube ata o Piapaxaro (1616 m.), o mirador do Fedo seguir polo cordal ata enlazar ca ruta que fixeramos o día anterior e baixar pola lagoa da Lucenza.
Na baixada xa a media tarde paramos nunha fervenza que está a unhos 500 metros da Seara donde refrescamos, mollamos os pes a pesar do fria que estaba a auga, mesmo algun incluso se bañou. Logo alguns colleron o camiño de volta para As Pontes e amior parte do grupo voltou para Quiroga para facer a viaxe de volta o Domingo, pasando polo Mosteiro de Samos e polo museo de Victor Corral en Baamonde.
Os dous compañeiros que foron A Picos de Europa,escolleron o venres subir dende Sotres a Fuente De, na parte alta do teleférico, e volver baixar a Sotres, o Sabado subir ata o refuxo do Urriellu, o pe do Pico Urriellu donde inda habia bastante neve, e o Domingo baixar e camiño de volta.

O-Caurel_00_Ruta-Formigueiros_01.jpg


O-Caurel_00_Dende-o-alto-de-Formigueiros.jpg

O-Caurel_00_Cumio-Formigueiros-02.jpg

O-Caurel_00_Cumio-Piapaxaro.jpg

O-Caurel_00_Fervenza-do-Focaro_03.jpg

O-Caurel_00_Mirador-Fedo-02.jpg

Fuente-De.jpg

Urriellu_01.jpg

Urriellu_02.jpg

Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios