Gema Buitrón pasa a ronda calificatoria na 25º posición

34

A arqueira pontesa Gema Buitrón clasificouse esta tarde para as rondas finais do Grand Prix de Croacia tras calificarse na 25º posición das 61 participantes con 1285 puntos, a 63 puntos da primeira, a polaca Justyna Mospinek, que finalmente logrou aventaxar en 4 puntos á segunda clasificada, a italiana Natalia Valeeva.


Máis complicado o tiveron as súas compañeiras de selección, as baleares Beatriz Cabrero e Magali Foulón, que acabaron nas posicións 34º e 42º, con 1276 e 1261 puntos respectivamente.
Na competición por equipos as españolas calificaronse na 10º posición dos 15 países participantes con 3822 puntos, a 153 puntos das mellores, as italianas.
Na categoría masculina, a destacar o balear Daniel Morillo que obtivo o 8º posto, e España o 6º por equipos.
Nos vindeiros días disputaránse as rondas finais do segundo Grand Prix da Copa do Mundo, que nesta ocasión ten máis nivel que a primeira cita pois tamén compiten os perigosos equipos asiáticos, destacando entre eles o cadro chinés.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios