Nova versión das ferramentas de desenvolvemento para Android

90

Lendo mancomun.org:
“Acaba de publicarse a nova versión das ferramentas de desenvolvemento para a plataforma Android: o SDK 1.5.
Android é a primeira plataforma gratuíta, de código aberto e completamente personalizábel para dispositivos móbiles promovida pola Open Handset Alliance. Esta plataforma inclúe un sistema operativo, algúns aplicativos imprescindíbeis e unhas API para a comunicación co sistema operativo que permiten que calquera desenvolvedor poida crear novos aplicativos para esta plataforma empregando o SDK.”…
RTEmagicC_android.png.png


…”Entre as novidades incluídas neste novo SDK destacan:
*
Posibilidade de desenvolver aplicativos para as múltiples versións da plataforma Android; é dicir tanto para a versión 1.1 como para a 1.5.
*
Posibilidade de crear Dispositivos virtuais Android; isto é configuracións de opcións específicas dos novos móbiles existentes preparadas para executarse no emulador. Isto facilita a execución en paralelo de emulacións de distintos móbiles para comprobar así o funcionamento neles do aplicativo que se está a desenvolver.
*
Mellora na xestión da internacionalización dos aplicativos. Agora é posíbel incluír ou excluír locais ao construír un aplicativo.
*
Para coñecer con maior detalle as achegas desta nova versión consultar as Notas de lanzamento.
Móbiles HTC con AndroidA finais do mes pasado comezaron a venderse xa en España os primeiros dispositivos móbiles con Android. Para todos aqueles que xa os teñan ou estean pensando en adquirilos, na páxina Android market hai dispoñíbeis numerosos aplicativos para descargar. Algúns deles son gratuítos e outros de pagamento.
Ademais Google permite que calquera que teña interese en poñer o seu desenvolvemento dispoñíbel nesta páxina o faga creando unha conta de desenvolvedor pola que terá que pagar unha cota de 25$ anuais. Ademais se quere cobrar polos seus aplicativos deberá ter unha conta cun dos provedores de pagamento autorizados por Google. Máis información na web de android.
Finalmente podemos comentar que os días 27-28 de maio terá lugar en San Francisco a conferencia de desenvolvedores de Google que, segundo informan na web do proxecto Android, incluirá numerosos relatorios relacionados con esta plataforma.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios