Un histórico Enrique Fornos acudirá a Madrid coa selección galega

100

Á espera de que a Federación Galega publique a lista oficial, o xogador pontés Enrique Fornos xogará o Campionato de España de Fútbol 7 coa Selección Galega Alevín.

enrique_fornos.jpg


O Campionato xogarase entre os vindeiros días 13 e 17 de Maio e a seleción galega está encadrada no Grupo C, e xogará contra Cantabria, Baleares, Extremadura e Ceuta.
No Grupo A xogarán Cataluña, Andalucía, Canarias, Castela León e Castela A Mancha, no B Asturias, Aragón, Murcia, Navarra e A Rioxa, e no D estarán Madrid, País Vasco, C. Valenciana e Melilla.
Os partidos de grupo xogaranse os días 14 e 15, clasificandose para a Fase Final os dous primeiros de cada grupo, os cuartos de final e as semifinais xogaranse o día 16, e a gran final o día 17.
A selección catalana impúxose no último Campionato de España xogado no Campo de A Torre (A Coruña).
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios