A Asociación Artesáns do Eume está a ultimar xa a súa vindeira exposición, que será cadrando coa fin de semana das Letra galegas

28

[aspontes.com] A Asociación Artesáns do Eume está a ultimar xa a súa vindeira exposición, que será cadrando coa fin de semana das Letra galegas, e en Moeche, onde foron convidados polo concello desta localidade.


A inciativa parte concretamente do Banco de tempo que funcioona xa na vila modestina.
Artesáns do Eume, que está presidida polo canteiro pontés César Dapena, está a traballar para poder contar cunha exposición permanente na súa nova sé, que ven de estrear o mes pasado na Casa da Cultura de Cabanas.
Espérase tamén que esta sé fixa sirva de punto de partida do seu obxectivo de abrir despois unha tenda onde comercializar os seus productos.
O outro grande obxectivo pasa por poñer en marcha un centro de formación de artesanía, que ven avalado por un estudio de viabilidade xa realizado, pero que requere dunha inversión para a que aínda están a recabar os apoios pertinentes.
Artesáns do Eume aglutina a unha trintea de profesionais que se adican á cerámica, o textil, a xoiería, a canteiría, a escultura, a torneiría e a cesteiría.
Hai xa cinco anos que o grupo de acción local de Euroeume promovera a asociación dos practicantes destes ofícios na bisbarra.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios