España vence a Alemania pero perde con China en cuartos de final

59

A arqueira pontesa Gema Buitrón e as súas compañeiras Beatriz Cabrero e Magali Foulón participaron no día de hoxe na competición por equipos do Grand Prix da Copa do Mundo que se está celebrando en Croacia.


Sorprendentemente as españolas venceron ás difíciles alemanas na rolda de oitavos de final, por 210-196, pero foron claramente batidas polo gran equipo chino en Cuartos de Final por 223-208. Finalizan a competición en séptima posición.
A final disputarana China e Francia, polo bronce competirán India e Ucrania.
Non lle foron moito mellor as cousas ó equipo masculino, que perdeu na primeira rolda ante Francia por 214-210.
Na competición de arco composto os equipos españois tanto o masculino como o feminino foron derrotados en cuartos de final por Italia.
Mañá pecharase a competición coa loita polas medallas tanto na competición individual como por equipos.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios