II Certame das letras galegas As Boliqueiras o venres, día 15, ás 8 da tarde no auditorio da Casa Dopeso.

30

[aspontes.com] Xa temos o programa da gala deste ano da entrega de premios do II Certame das letras galegas As Boliqueiras. O venres, día 15, ás 8 da tarde farase a entrega dos premios no auditorio da Casa Dopeso. O polifacético Xurxo Souto, con raigames en As pontes, será o conductor do acto, coa colaboura do poeta local Aníbal Ánxel.


A convidada deste ano será a escritora ferrolá Rosa Aneiros, que ofrecerá a súa visión do intre que atravesa o noso idioma. A entrega dos premios servirá tamén para desvelar os gañadores e gañadoras, que non se farán públicos previamente.
Os máis pequenos participaban nesta edición coa opción de realizar un traballo en equipo e en escrito ou en forma de debuxo. O tema escollido para os máis novos foi “¿Cales son as verbas máis fermosas?”. Os mellores traballos, xa na categoría xuvenil, en col da “Historia do idioma galego, e o seu futuro” faranse con 60 € o primeiro, 50 o segundo, e 40 o terceiro.
E como peche musical estará a cantautora María Manuela, acompañada de Xana Lastra e o músico pontés Xurxo. Os organizadores, a agrupación local da MNL, salientaron a boa resposta especialmente dos máis novos, superior á dos maiores nesta segunda convocatoria do certame lietrario escolar.
Temos que salientar tamén que esta asociación en defensa do idioma ven de sumarse á campaña destinada a fletar buses a Santiago para o vindeiro 17 de maio.
Os ponteses e pontesas que queiran acudir á marcha do Día das Letras poderán facelo nun autobús gratuito que sairá ás 10 da mañá de diante do concello, para regresar á tarde, sobre as 5.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios