Partidos do CD As Pontes

110

Vitoria clara e contundente do Lalín xuvenil na súa visita a As Pontes por 0-3. O equipo xuvenil pontés aínda non está matemáticamente salvado e deberá sacar algún punto nos seus partidos a domicilio con Celta B e Conxo, en casa contra o Rápido de Bouzas, ou esperar algún tropezo do Montañeros B para asegurar a súa permanencia nas tres xornadas que quedan. Nos partidos da mañá, os infantís empataron 2-2 co campión O Val, goles de Galego e Lucho, derrota dos Benxamíns A ante o Galicia de Caranza por 2-3, goles de Josiño Pico (2), co que complican o seu segundo posto na clasificación. O Prebenxamín A, perdeu en Copa ante o San Pedro por 0-2. A mellor noticia da mañá foi a vitoria en partido de Copa do equipo Alevín A por 1-0, gol de Enrique Fornos, ante o San Sadurniño, co que practicamente aseguran o seu pase ó cuartos de final.

CD_AsPontes_001.jpg


CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios