Drosera ofrecerá o martes unha charla para dar a coñecer a realidade do mundo dos morcegos

57

Morcegos.jpg
[aspontes.com] O experto Roberto Hermida será o encargado de aclarar as dúbidas das persoas que decidan tomar parte nesta charla. O colectivo pontés Drosera impartirá o vindeiro martes unha charla adicada ás diferentes especies de morcegos que se poden atopar por terras galegas.


A conferencia, que conta coa colaboura do Concello de As Pontes a través do departamento de Cultura, terá lugar no salón de actos da Casa Dopeso ás 20.30 horas e correrá a cargo de Roberto Hermida, membro de Drosera, que tamén dará a coñecer o traballo desenvolvido polo seu colectivo e solventará as dúbidas dos asistentes.
Esta charla servirá como apoio á exposición fotográfica que, dende o pasado día 4, está a ocupar os corredores da Casa Dopeso e que leva por título Morcegos de Galicia, unha colección de textos e imaxes que pretenden dar coñecer a esta especie animal, con tan mala fama entre a nosa sociedade.
Un total de 19 especies integran esta colección de paneis nos que ademáis se dan a coñecer datos sobre a fisionomía destes quirópteros, os seus costumes ou a súa organización en colonias, todos eles aspectos estudiados polos membros de Drosera dende hai varios anos, información que tamén formará parte do Atlas de Morcegos de Galicia que o colectivo está a preparar.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios