Firefox quere converterse en multiproceso

74

Lendo linuxpreview.org:
“Un dos puntos nos que máis énfasis puxo Google na presentación de Google Chrome foi na súa seguridade e estabilidade, algo que consegue, en parte, utilizando distintos procesos para cada unha das pestañas abertas, de forma que estas non poidan afectarse entre si.
Firefox podería copiar esta implementación cun dos novos proxectos que ten creado, Content Processes, no qeu comezarána probar esta estratexia, aínda que polo de agora fora do desenvolvemento normal do proxecto, ó que se integraría nun futuro, se todo funciona correctamente.”…


…”Con Content Processes preténdese ofertar un mellor rendemento no navegador e unha maior velocidade de resposta ó traballar con este, ademáis de mellorar a súa estabilidade, especialmente cando algunha páxina provoque problemas, de forma que non afecte ás demáis.
Iso si, non esperemos que o resultado sexa tanxible, polo menos, ata dentro dun ano. Nunha primeira fase, para xullo, probarase con procesos independentes para o navegador e nunha soa fiestra (a que, probablemente, nin siquera permitirá o renderizado de páxinas).”…
Fonte: linuxpreview.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios