Hedgewars: os vermes chegan a Linux

125

Lendo glug.es:
“Algúns de vós recordaredes a saga de Worms, un xogo que aló polo 1995 deu moito que falar xa que unía o inxenio dun xogo de 2D máis a picardía das súas personaxes. Os xogadores controlaban por turnos uns pequenos vermes de debuxo ao longo dunha paraxe deformábel, loitando contra o ordenador ou mesmo xogando en rede contra outras persoas de todo o mundo. O xogo era moi divertido xa que os vermes cada vez que facían un ataque ou fallaban, digamos que non tiñan unha linguaxe moi refinada.”…
worms.png


…”Pois agora chega a Linux un clon chamado Hedgewars na súa versión 0.9.10, que semella tan divertido como o orixinal. En Hedgewars podes xogar contra o ordenador ou contra outras persoas en rede mediante o uso de servidores públicos. O xogo tamén conta con brillantes e graciosos debuxos de animación e un arsenal bastante bizarro de armas coas que batallar. Recomendación non empreguedes o ataque “Kamikaze”.
Para instalar o xogo só tendes que ir a Sistema->Administración->Xestor de Paquetes Synaptic e procurar por hedgewars.
Ou sempre podedes ir á páxina orixinal e descargalo dende alí xa que conta con executabeis para Mac OS X e Güin2.”…
Fonte: glug.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios