O traballo presentado por Xulio Xosé Fernández Calzadilla anunciara as festas de este ano

66

[aspontes.com] Xa temos a imaxe que engalanará tódolos establecementos da vila e arredores con motivo das festas do Carme e a Fraga e que darán comezo en case dous meses. E é que esta mesma mañá realizábase a elección do cartaz que asemade, tamén servirá como portada da revista das festas patronais que tamén está en proceso de elaboración.


Nesta ocasión, o xurado tivo que escoller entre unha ducia de propostas nas que predominaban os debuxos realizados por ordenador aínda que tamén houbo quen se animou a empregar métodos tradicionais coma a pintura de cera para presentar a súa proposta.
O río Eume, a natureza ou emprazamentos tan significativos da nosa vila coma a capela do Carme foron os elementos máis empregados entre os artistas que optaron por tomar parte nesta cita.
Finalmente, o xurado composto pola concelleira de cultura, Eva Conde, as artistas Lourdes Acera e Carmen Bellas, a profesora Sonia Sueiro optou por conceder o primeiro premio, dotado con 300 euros, ao traballo presentado por Xulio Xosé Fernández Calzadilla, mentras que os accesits foron para Dulce María López Fernández, gañadora deste certame en 2007 e 2008, e Gonzalo Alonso Abella, que acadaron candanseu premio de 100 euros.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios