O Concello inaugurará o venres os xardíns municipais con dous concertos e unha exposición fotográfica

60

[aspontes.com] O cambio neste espazo continuará coa remodelación do parque infantil e a construcción dun centro de ocio, entre outras iniciativas.
O vindeiro venres, tras varios meses de traballos, abriranse ao público os xardíns municipais.
Segundo anunciaron dende o goberno local, o acto de apertura dará comezo ás 17.00 horas e no mesmo participará a Banda Cultural de Música de As Pontes e os ponteses Gin Tonics Songs Jin Tony´s Son, ademáis dun grupo de malabaristas que porán a nota de cor á xornada.


Asemade, está prevista a instalación unha mostra fotográfica na que se recolle a evolución estética destes xardíns. Nembargantes, de non acompañar a meteoroloxía, estas actividades serían aprazadas pero non a apertura deste espazo do que, dende a tarde do venres, poderán desfrutar tódolos veciños e veciñas do municipio.
A actuación, que supuxo unha inversión de 230.000 euros por parte da Xunta de Galicia, a través dos Fondos FEDER, e da administración local, afectou a unha superficie de 6.290 metros cadrados e supuxo un importante cambio estético neste espazo, dando lugar a unha superficie máis luminosa, aberta, funcional, accesible dende calquera punto do seu entorno e máis atractiva para a veciñanza.
Os traballos incluiron a instalación de sistemas de regadío, drenaxe e iluminación. Asemade, delimitaronse camiños peonís nos que, nestas últimas xornadas, instalou un firme de baldosas, en substitución da base de area prevista no proxecto inicial, que facilita o acceso de persoas con movilidade reducida e o paseo por esta zona con coches de bebé.
Dende o venres estará a desposición dos ponteses e pontesas un novo mobiliario e incluso unha caseta de madeira, totalmente integrada na paisaxe, que servirá como cafetería.
O principal obxectivo deste cambio estético é a revalorización do casco urbano xa que, ademáis da renovación do aspecto dos xardíns municipais, o goberno municipal ten intención de acometer novos traballos no parque infantil ubicado ao seu carón e nas rúas que rodean esta zona, ao que se sumará a construcción dun centro de ocio no espazo que actualmente ocupa o mercado municipal e os seus locais anexos. Deste xeito, búscase a integración e unificación de todo o núcleo do casco urbano, dándolle un aspecto máis moderno e ofrecendo á cidadanía un espazo sinxelo, sen peches e accesible.
En conxunto toda esta actuación suporá unha inversión próxima aos cinco millóns de euros que procederán, en conxunto, do Fondo Estatal de Inversión Local, o Plan Miner, a Xunta de Galicia (Fondos Feder) e a administración municipal.
No tocante aos próximos proxectos que desenvolverá o goberno municipal, onte a corporación que dirixe Valentín González Formoso anunciou a súa intención de iniciar, en agosto, os traballos no parque infantil municipal e que suporán a dotación de novos xoguetes para os pequenos e pequenas, diferenciados por idades.
Asemade, está previsto que se instale nesta superficie un parque biosaudable dirixido á poboación máis maior que tamén disfruta a diario desta zona de recreo.
O orzamento para este proxecto é de 182.000 dos que 127.000 euros procederán do Fondo Estatal de Inversión Local.
invitacion.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios