Software Libre e Goberno Vasco: tempo de cambios

66

Lendo diariolinux.com:
“Bueno, ó máis puro estilo da administración Obama, unha das primeiras cousas que fixo o novo Goberno Vasco foi crear unha web que entre outras cousas, fala sobre as ideas de cambio qeu ten en mente. A que máis me interesa a nivel profesional é a que fala sobre Software Libre. Realmente polo de agora di moi pouco, pero que dedicaran un apartado especial xa é significativo:

‘Irase traballando cara o software libre buscando unha transición tranquila pero que culmine coa igualdade de forma qeu se poida operar e participar dende calquera dispositivo e sistema’

Con esa frase non é que se mollaran moito pero… o propio lehendakari o repite no seu resumo sobre o primeiro consello de Goberno:

‘Hoxe deixei patente a miña aposta por avanzar cara o software libre a traveso dunha migración tranquila pero co firme obxectivo de que todos os usuarios, independentemente do sistema operativo ou dispositivo que utilicen, poidan operar e participar neste Goberno Vasco’

.”…


…”En fin, o caso é que no novo goberno se atopa Idoia Mendía, actual coselleira de Administración Pública e Xustiza e portavoz do Goberno vasco. ¿E por que é importante isto? Por a lo menos 12 razóns, todas elas comentadas en DiarioLinux anteriormente. Foi o azote do anterior Goberno no Parlamento nesta materia. Amén de ter asinado o manifesto ‘Queremos Software Libre‘. Despois de terse mollado no Parlamento a favor do FLOSS, esperemos que agora que ten potestade para dirixir un cambio neste sentido, o faiga. De momento, bastaría con que se foran aplicando todas as propostas que o PSE levou a Legebiltzarra no seu día. Tamén poderían comezar por facer público o infausto informe no que se baseou o anterior Goberno para votar por terra unha migración a OpenOffice.org e do que nunca máis se soupo. Sería toda unha declaración de intencións.
Update técnico: ó menos, polo momento, predican co exemplo. O servidor GobernoDeCambioEnEuskadi.org corre sobre Linux e Mongrel 1.1.5, un servidor ultra-rápido para a execución de Ruby (sobre o framework Ruby on Rails).”…
Fonte: diariolinux.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios