Cancelado o concerto de Jin Tony´s Son na inauguración do parque

58

[aspontes.com] Nin os tronos, nin a chuvia nin o vento poderán evitar que mañá teña lugar a reapertura oficial dos xardíns municipais e é que o goberno municipal optou por curarse en saúde e instalar unha carpa co fin de que, o mal tempo, non estrague esta cita cun novo aprazamento.
Así as cousas, para mañá ás cinco está previsto un acto oficial na que será posible desfrutar dun espectáculo de malabares e de música coa actuación da Banda Cultural de As Pontes xa que, finalmente, por faltade espazo o concerto dos ponteses Jin Tony´s Song será aprazado para unha nova data que se anunciará nos vindeiros días.
A que sí que está confirmada é a presenza do novo Delegado da xunta de Galicia na provincia da Coruña, Diego Calvo, que poderá contemplar na súa visita non só o novo aspecto dos xardíns municipais, senón tamén unha mostra fotográfica que percorre a evolución, dende as súas orixes, deste espazo.
Outros convidados de luxo serán os dous veciños da nosa vila de máis idade, Ramón, de 99 anos, e Vicenta de 103, que serán nomeados Avós de As Pontes.
As cinco da tarde será a hora escollida para a presentación oficial do que é o novo pulmón do casco urbano e que, por riba, tamén estrea nome xa que se pasará a denominar Campo da Feira.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios