O CARTEL DESEÑADO POR ARINSPUNK ANUNCIARÁ AS FESTAS DO CARME E A FRAGA

84

Cartel das festas pequeno.jpg
[aspontes.com] O cartel gañador é obra de Xulio Xosé Fernández Calzadilla, alias Arinspunk, nado en Vilaba aínda que pasou a súa infancia e xuventude nas Pontes. Actualmente reside en Madrid e traballa como deseñador gráfico nunha axencia de publicidade.


Ao concurso presentáronse quince carteis, dos que o xurado tivo que escoller tres premios: o gañador dotado con 300 euros, e dous accésits de 100 euros cada un.
O xurado nesta ocasión estivo composto pola concelleira de cultura Eva Conde e as licenciadas en Belas Artes, Carmen Bellas, Lourdes Acera e Sonia Sueiro. Ademais do traballo de Arinspunk, escolleron dous accésits de Dulce María López Fernández e Gonzalo Alonso Abella.
Cartel das festas.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios