Rochela xogará con España sub19 en Estonia

40

O futbolista pontés David Rochela xogará con España a Segunda Fase de Clasificación ó Campionato de Europa sub19 Ucrania 2009, fase de clasificación que se disputará en Estonia entre os días 21 e 26 de Maio, e na que España deberá quedar campión do seu grupo si quere estar presente na Fase Final a disputar en Ucrania a finais de Xullo e principios de Agosto. Non o terán nada fácil os de Luis Milla pois deberán vencer ó equipo anfitrión, Estonia, á sempre perigosa en categorías inferiores, República Checa, e ó actual campión de Europa sub19, Alemania.


Os xogadores convocados pra este torneo son os seguintes:
Porteiros: David De Gea (Atlético 1990), Diego Mariño (Villarreal 1990).
Lateral Dereito: Mario Gaspar (Villarreal 1990).
Lateral Esquerdo: Alberto Morgado (Real Sociedad 1990), Marcos Alonso (Real Madrid 1990).
Centrais: Jorge Pulido (Atlético 1990), Nacho Fernández (Real Madrid 1990), David Rochela (Deportivo 1990).
Medio Centro Defensivo: Nacho Camacho (Atlético 1990), Óscar Sielva (Espanyol 1991).
Medio Centro Ofensivo: Fran Mérida (Arsenal 1990), Thiago Alcántara (Barcelona 1991).
Extremo Dereito: Raúl Ruiz (Hércules 1990), Carlos Monge “Chirri” (Deportivo 1990), Jordi Pablo (Villarreal 1990).
Extremo Esquerdo: Iago Falqué (Juventus 1990).
Puntas: Dani Aquino (Murcia 1990), Joselu Sanmartín (Celta 1990).
Os partidos de España serán:
21-5-2009 (16:00) Kadriorg (Tallin) República Checa-España
23-5-2009 (18:30) Le Coq Arena (Tallin) Estonia-España
26-5-2009 (18:30) Kadriorg (Tallin) Alemania-España
Os grupos son os seguintes:
Grupo 1: Serbia, Hungría, Austria, Finlandia.
Grupo 2: Holanda, Rusia, Eslovenia, Bielorrusia.
Grupo 3: Portugal, Turquía, Dinamarca, Grecia.
Grupo 4: Suiza, Irlanda, Suecia, Bélxica.
Grupo 5: Francia, Noruega, Rumania, Letonia.
Grupo 6: Inglaterra, Escocia, Eslovaquia, Bosnia-Herzegovina.
Grupo 7: Alemania, R.Checa, Estonia, España.
Os sete campións de cada grupo e o anfitrión Ucrania xogarán a Fase Final entre o 21 de Xullo e o 2 de Agosto.
Francia e España son os países que máis veces gañaron este torneo, pois ambos conseguírono en 5 ocasións, os galos en 1983, 1996, 1997, 2000 e 2005, os españois en 1995, 2002, 2004, 2006 e 2007.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios