O Concello abre o prazo de presentación de ofertas para facerse co mantemento dos cemiterios municipais

48

[aspontes.com] O Concello contratará, por procedemento aberto, da prestación de servizos nos cemiterios municipais dos Alimpadoiros e das Campeiras, así o recollen nas súas respectivas edicións da xornada de hoxe do Diario Oficial de Galicia e o Boletín Oficial da Provincia.


O contrato que adxudicará o concello terá unha duración de dous anos, prorrogables nun máis, e o prezo do mesmo será de case 38.000 euros anuais, I.V.E non incluído, que, sumados á posible prórroga, fan un montante total de case 105.000 euros, I.V.E a parte.
As firmas interesadas deberán presentar as súas ofertas e toda a documentación esixida para este concurso denantes de 15 días naturais, a contar dende a xornada de mañá.
Toda a información e requisitos a cumprir pola futura empresa que asumirá estes servizos poderanse consultar a través da páxina web do concello, no enderezo electrónico www.aspontes.com, ou ben no departamento de contratación, ubicado no segundo andar do edificio administrativo da avenida de castelao. Asemade, tamén será posible solicitar información telefonando ao 667 129 341.
Ver información aquí.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios