Copa Galega Feminina. CD As Pontes 6 Salcedo 1. As pontesas clasifícanse para cuartos de final

47

Partidazo o de hoxe das cativas do equipo femenino que resolveron o encontro nos primeiros minutos, tralos goles de Patri (3´), Carlota (9´), Jani (11´) e Lau (16´), co que o partido e a clasificación quedaban sentenciadas. Puido ampliar a ventaxa Paty no 20´ pero o seu tiro foi ó poste. Xa no 35´ tras unha internada a capitana Patri Dopico acaba marcando coa colaboración dunha defensa visitante. No 42´ chegaba o sexto, un sensacional gol pola escadra desde fora da área de Paty (minutos máis tarde na final do maratón metería outros 3 goles iguais). Xa na segunda metade e co encontro resolto Salido moveu o banquillo e chegou o momento máis esperado, a reaparición da alma mater do equipo, Emma, tras oito meses de ausencia por lesión. Puideron ampliar o marcador Carliña no 47´, e sobre todo Mar, que tirou ó poste no 60´, pero foron as vistantes as que maquillaron o resultado tras marcar no 83´ o gol da honra, e puideron volver a anotar tres minutos máis tarde pero tiraron ó pau.

futbol_femenino_1.jpg


O As Pontes, tras gañar os seus dous encontros co Salcedo e empatar os dous co Soutomaior, a falta de unha xornada xa é matemáticamente campión de grupo e clasifícase para cuartos de final da Copa de Galicia onde se enfrontará ó Unión Guardesa.
Salido alineou para este encontro a Leti, Lara (Paula 45´), Jani, Silvia, Alba; Andrea (Emma 45´), Lau, Sara (Mar 45´), Carlota, Patri (Lucy 63´); Paty (Carliña 45´).

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

futbol_femenino_1.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios