Entrevista ó pontés Enrique Fornos Domínguez, por Xóse Ferreiro

52

Enrique Fornos viviu esta semana o momento máis importante na súa, ata o de agora, curta carreira futbolística. Xogou o Campionato de España Alevín de Fútbol 7 en San Agustín de Guadalix (Madrid). A selección galega finalizou en un máis que meritorio sexto posto. Na primeira Fase gañaron a Cantabria (3-0), Ceuta (2-0), empataron con Extremadura (0-0) e perderon con Illas Baleares (0-1). En cuartos de final perderon con País Vasco (0-4) e xa na loita polos postos que van do 5º ó 8º gañaron por penaltis a Murcia, 0-0 (5-6), e perderon con Castela León (2-3). Enrique xogou tódolos encontros no centro da zaga e ademáis exerceu de capitán. Mantiven unha conversa con él e estas foron as súas impresións.

Enrique Fornos.jpg


Hola Enrique, acabas de chegar de Madrid e supoño que aínda estarás en unha nube ¿Cómo te sintes en estes momentos? ¿Qué valoración fas do teu sexto posto no Campionato de España e da experiencia que viviches estes días en Madrid?
Estou moi contento e con ganas de volver outra vez. O sexto posto está moi ben xa que nos últimos sete anos a selección alevín non pasou do noveno lugar. A experiencia foi fantástica tanto cos compañeiros como cos técnicos, o conductor, os delegados e a fisioterapeuta, incluso puiden coñecer xogadores doutras seleccións. En xeral, foi moi positiva.
¿Qué supuxo para ti vestir a camiseta da selección galega e aínda por riba levar o brazalete de capitán?
Para min foi un soño cumprido e feito realidade. Algo que nunca crín que podería ser certo. Ainda por riba, levar o brazalete de capitán foi para min un verdadeiro luxo, unha honra poder representar a todo o equipo.
De tódolos momentos únicos que viviches estes días en Madrid, dime un que gardarás para sempre na túa memoria.
A unión que se produciu no equipo cando se tiraban os penaltis contra o equipo de Murcia despois do empate a 0-0.
Que nos podes dicir dos teus compañeiros de selección e do adestrador? ¿Cal consideras que é o futbolista máis talentoso da selección, a parte de ti (risas)?
Os meus compañeiros foron moi amables comigo dende que fixen os primeiros adestramentos coa selección ata o último día en Madrid. Eles xa se coñecían porque eran casi todos da zona sur e aínda así, acolléronme moi ben no equipo. Co adestrador moi ben, porque aprendín moitas cousas e ademais facían bromas con nós tanto el como o preparador físico.
Considero que o futbolista con máis talento é Yelko, un dianteiro do R.C.Celta porque se desmarca moi ben e móvese moi ben entre liñas.
Falanos un pouco do Campionato, das 19 seleccións participantes, ¿cal foi a que mellor xogo lle viches? ¿Cal foi o xogador que máis che impresionou de todo o torneo?
Eran seleccións moi boas, con xogadores de moito nivel. Á Comunidade Autónoma que máis xogo lle vin foi á valenciana (campiona). O mellor xogador para min foi o lateral esquerdo de Andalucía porque na final deixou sentado moitas veces ó defensa valenciano e iso que este lle levaba tres cabezas
A parte da experiencia futbolística, ¿Que che pareceu a cidade de Madrid?
Madrid é unha cidade moi grande e bonita. Puidemos ver o kilómetro cero, que me chamou moito a atención, a Porta do Sol, o Santiago Bernabéu, que é impresionante, a Cibeles, o Congreso dos Deputados, Neptuno que é a fonte onde celebra os títulos o Atlético de Madrid…
O CD As Pontes Alevín este ano está facendo unha gran temporada, conseguindo o título de Liga, xogando o Campionato galego, e agora con moitas posibilidades na Copa, ¿Qué opinas dos teus compañeiros de equipo e do teu adestrador Jorge Parajón?
Eu atópome moi a gusto cos meus compañeiros, somos todos moi amigos e sen o traballo de todos non poderíamos gañar a Liga. Con Jorge Parajón tamén me levo moi ben e axudounos moito para poder gañar o título e seguir adiante.
Na competición de Copa sodes uns dos favoritos xunto ó Ánimas e o Racing de Ferrol. ¿Que posibilidades ves de facer o complicado doblete?
Non é fácil pero creo que podemos conseguilo se todos lle poñemos gañas e forzas. ¿Por que non?
A parte da túa calidade, unha das cousas nas que máis destacas é na túa polivalencia, na selección galega e na de Ferrol xogas atrás, mentres que no As Pontes xogas máis no medio ou incluso diante ¿Onde te atopas máis cómodo?
Xogando de medio centro estou moi a gusto porque a min gústame correr para arriba e para abaixo, pero tamén me sinto cómodo xogando diante e de defensa.
Aínda tes 12 anos e es moi novo, pero este temporada esta sendo moi boa para ti, campión de Liga, selección de Ferrol, selección galega … anque tes que ir paso a paso a onde che gustaría chegar no mundo do fútbol?
Gustaríame xogar nun equipo de Primeira División pero chegar tan arriba é moi díficil, hai que ter moita calidade e moita sorte. Non é fácil.
¿Cal é o equipo que máis che gusta? e ¿un futbolista ó que che gustaría parecerte?
Non teño ningún equipo preferido, gústanme moitos xogadores individualmente, empezando polos nosos, Rochela e Piscu, ata Messi e Cristiano Ronaldo, creo que de todos se pode aprender moito. Gústame seguir a Liga española e a Liga de Campións.
Evidentemente o fútbol non che ocupa as 24 horas do día ¿Cómo é Enrique Fornos na súa vida diaria? ¿Cales son as cousas que che gustan facer a parte de xogar ó fútbol?
Dedico moitas horas ó colexio e ó conservatorio pero gústame moito xogar á PlayStation, despois de estudar, e tamén me gusta xogar ó fútbol cos meus primos no campo que teñen os meus avós, e estar coa familia.

Equipo.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios