Gema Buitrón. quinta clasificada na Copa do Mundo de Bulgaria.

34

A un paso estivo a arqueira pontesa Gema Buitrón de clasificarse para as semifinais na terceira proba da Copa do Mundo que se está a disputar en Bulgaria.
Tras acadar unha sensacional 3ª praza na rolda clasificatoria, Gema quedou exenta na ronda de trintaedousavos de final, en dezaseisavos impúxose á xeorxiana Natia Tsintsadze (105-88), en octavos de final á sueca Jenny Jeppsson (102-100) para acabar caendo en cuartos ante a polaca Natalia Lesniak (106-105). Ó ser a arqueira que máis puntuación obtivo das eliminadas en esta ronda finaliza a competición individual en 5ª posición. As semifinais disputaranas a polaca Marcinkiewick contra a rusa Boroday e a Italia Tomasi contra a polaca Lesniak.


Das outras representantes da delegación española, Magali Foulón caeu en dezaseisavos ante a italiana Botto (100-92), e Beatriz Cabrero caeu en oitavos ante a xeorxiana Diasamidze (103-96).
Na competición masculina, en cuartos enfrontaronse en duelo fraticida os españois Elías e Morillo, con victoria para o primeiro (109-108) e competirá en semifinais contra o italiano Giori, a outra enfrontará ó malayo Zulkifli e o armenio Petrosyan.
Nos vindeiros días disputarase a competición por equipos nas que España parte coa 2ª mellor marca na categoría feminina (Buitrón-Cabrero-Foulón) e a competición mixta (formada polo tandem Buitrón-Morillo, bronce no Mundial Universitario) nas que España calificouse á ronda final coa 4ª mellor marca.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios