República Checa 1 España 5. A selección sub19 amosa as súas credenciais antes da gran final do martes

49

A selección española iniciou con bo pe a súa andadura na Segunda Fase de Clasificación ó Europeo sub19 tras vencer esta tarde ó sempre perigoso en categorías inferiores equipo da República Checa, por 1 gol a 5. A pesar de contar coa gran e insustituible ausencia do mellor xogador mundial da categoría, Bojan Krkic, co cal os alemáns colganse o cartel de favoritos, a selección española amosou que non vai a ser un rival fácil de batir, nin moito menos, nesta fase de clasificación.


Comezaron ben os de Luis Milla grazas ó gol do medio centro espanyolista Óscar Sielva (9´), e, despois de varias ocasións, o céltico Joselu deixou o encontro encarrilado un minuto antes do descanso. Xa na segunda metade, no 54´, España sentenciou o encontro cun gol de falta do xogador do Arsenal Fran Mérida. Nos último minutos e co partido decidido os checos anotaron o gol da honra, pero no tempo de desconto, e cos rivais lanzados ó ataque, España redondeou o marcador a través do murcianista Dani Aquino e cun gol en propia meta da defensa checa.
O futbolista pontés David Rochela xogou de titular no centro da zaga xunto ó atlético Pulido e apenas pasaron complicacións no trascurso do encontro.
O próximo partido de España será o sábado ante o rival, a priori, máis asequible do grupo, o anfitrión, Estonia, e todo parece indicar que os dous grandes favoritos ó título, Alemania e España loitarán entre si por un posto na fase final, o próximo martes ás 18:30.
No outro encontro da primeira xornada, Alemania venceu a Estonia por 5 a 0.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios