España vence a Estonia (0-3) e sírvelle o empate contra Alemania

37

A selección española sub19 venceu hai uns minutos á anfitriona Estonia e con un empate ante a complicada selección de Alemania estaría clasificada para a seguinte ronda. Os alemáns venceron esta tarde á República Checa por 1 gol a 0, por tanto suman seis goles a favor e cero en contra, cun goal average de +6, namentres que España suma oito goles a favor por un en contra co que ten un goal average de +7, superior ó dos teutóns. Polo tanto, co empate chegaríalles, anque non hai que confiarse nin moito menos ante o potente equipo alemán comandado por Tony Kroos e Richard Sukuta-Patsu.


No encontro de hoxe ante o equipo máis frouxo do grupo, Milla aproveitou para dar descanso as pezas claves do equipo pensando no partido cos alemáns, así, Fran Mérida, Iago Falqué ou De Gea non foron da partida e mesmo Rochela foi sustituido no descanso para estar máis fresco de cara ó gran compromiso do martes.
España adiantouse rápido no marcador por medio do murcianista Dani Aquino, que anotou no 12´, e no 31´ sentenciou o encontro o fillo de Mazinho, Thiago Alcantara. Xa no segundo tempo, o xogador extremeño do Deportivo Chirri redondeu o marcador establecendo o 0-3 definitivo (61´).
España formou con Mariño; Mario, Pulido, David Rochela (Nacho 45´), Alonso; Camacho, Sielva (Jordi Pablo 74´), Raúl Ruiz (Morgado 45´), Chirri; Thiago e Dani Aquino.
O próximo martes ás 18:30, a gran cita, dous dos equipos favoritos para lograr o título veranse as caras, e, tras un moi discutible sorteo sen cabezas de serie, un dos dous quedará sen lograr o billete para Ucrania.
Xa confirmaron a súa presencia en terras ucrainas o equipo anfitrión, Serbia e ¿Francia? Nos próximos días coñeceránse os cinco países que os acompañarán nesta Fase Final e onde agrademos que esté España.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios