Partidos do CD As Pontes

42

En partidos xogados esta mañá, na Copa Alevín, o equipo B do CD As Pontes perdeu 1-7 con Ferrol e remata a súa andaina nesta edición da Copa. O gol da honra foi anotado por Alex Blanco. Recordemos que o equipo A está clasificado para os cuartos de final que comezarán a semana que ven. Na Liga Benxamín o CD As Pontes A remontou o seu encontro ante o Eume e acabou gañando por 4 a 2, goles de Josiño Pico (3, foto), que xa leva máis de 60 na Liga, e Martín, polo que os ponteses siguen aspirando á segunda posición á falta de disputar algúns partidos atrasados. Destacar que na Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete, en partido disputado en Teo, o equipo pontés conseguiu un bo resultado ó empatar co Calo (1-1). Xa na Liga Nacional Xuvenil, co equipo salvado e totalmente renovado, o CD As Pontes perdeu 0-2 co Rápido de Bouzas, que desde hoxe é o outro conxunto que ascende a División de Honra xunto co Racing de Ferrol.

CD_AsPontes_001.jpg


CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

CD_AsPontes_001.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios