REXIONAL PREFERENTE. AS PONTES 3 BOIRO 1

32

Victoria do As Pontes no último encontro da tempada ante o Boiro, co cal remata na novena posición. Comezaron adiantandose os locais tras un gol de falta pola escadra de Troncho (30´), e tres minutos máis tarde marcou Rebolo de tiro cruzado tras un pase de Pablo. Puido sentenciar o As Pontes tras un penalti no 42´ pero nin Alonso, nin Rivas no rexeite puideron batir a Alberto. Na segunda metade recurtou distancias o cadro rival cando Adao remata a placer un centro mal despexado por Marcos (53´), que se resarciu máis tarde con un paradón a tiro de Yordan (76´). Antes, ocasión clara para Seco (69´) e máis clara aínda para Pedro no 87´que mandou o balón por riba a porta baleira. Xa no tempo de desconto unha boa combinación entre Carba e Amado e cabeceada a gol por este último.


3 AS PONTES
Marcos, Rivas, Jorge, Chote, Brais, Boo (Seco 66), Pablo (Amado 66), Troncho, Rebolo (Pedro 66), Alonso, Moreno (Carba 69)
1 BOIRO
Alberto, Nichelo, Damián, Álvaro (Alvino 61), Álvaro Calo, Fran, Manu, Kusko, Adao, Nando (Yordan 71), Carlos (Eloy Pérez 71)
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, 150 espectadores. Antes do inicio do encontro homenaxeouse ós equipos alevín e cadete campións de Liga. Partido correspondente á 38ª e última xornada.
Árbitro: Rubén Martínez Soto. Auxiliado nas bandas por Fontán e Domínguez.
Amoestacións: Cartón amarelo a Nichelo e Brais.
Goles: 1-0. Minuto 30. Troncho. 2-0. Minuto 33. Rebolo. 2-1. Minuto 53. Adao. 3-1. Minuto 93. Amado.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios