A segunda edición do programa Vellez Activa clausúrase o domingo cunha entrega de diplomas

34

Ao acto asistirá o alumnado participante nos talleres de primeiros auxilios e prevencion de riscos no fogar e adestramento da memoria
[aspontes.com] A segunda edición do programa de actividades para maiores de 55 anos Vellez Activa pechará o domingo as súas portas co acto de entrega dos 150 diplomas de asistencia aos veciños e veciñas que, nestas últimas semanas, participaron nos oito cursos que nesta edición se incluían neste programa, cinco adicados ao adestramento da memoria e outros tres sobre primeiros auxilios e prevencion de riscos e accidentes no fogar.


O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, xunto cos edís de Servizos Sociais, José Alén; e Participación Cidadá e deputada provincial, Montserrat García, será o encargado de presidir esta cita que dará comezo ás 12.30 horas, no salón de actos da Casa Dopeso, e á que asistirán tódolos alumnos e alumnas que participaron nos oito obradoiros celebrados en seis asociacións veciñais do municipio.
Dende o departamento de Servizos Sociais, o seu concelleiro amosouse satisfeito co éxito e acollida que, por segundo ano, recibiron estas actividades. Neste senso, José Alén anunciou que o vindeiro ano realizarase unha terceira convocatoria destes obradoiros que buscan a potenciación da autonomía persoal dos maiores e favorecer a súa integración coma unha parte activa da sociedade e levar diferentes inciativas,promovidas polo concello, a outros emprazamentos fóra do casco urbano que permita aproximar este tipo de actividades ás zonas do rural.
Nesta ocasión ao obradoiro de adestramento da memoria, que xa en 2008 contou cunha gran popularidade entre a veciñanza, uniuse un curso de primeiros auxilios e prevencion de riscos e accidentes no fogar no que os alumnos e alumnas realizaron exercizos para estabilizar a mirada, o equilibrio ou a coordinación, e recibiron consellos e indicacións para evitar caídas e manter en forma músculos e articulacións, sen esquencer directrices básicas sobre primeiros auxilios e habitos saudables ou adquisicion de coñecementos basicos sobre as enfermidades máis comúns que afectan a esta franxa poboacional, coma a diabete ou a hipertensión, asi coma a promoción do uso racional dos fármacos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios