Rochela e España clasificanse para o Europeo sub19 tras vencer a Alemania na final anticipada (0-1)

32

A selección española sub19 venceu hoxe nun dos mellores partidos que se poden ver nesta categoría a Alemania por 0 goles a 1. O partido foi intenso, na primeira metade salientar dúas ocasións para cada conxunto. Nada máis comezar o segundo tempo, os alemáns marcaron un gol que foi anulado polo colexiado. A 20 minutos do final Fran Mérida marcou de penalti e daba tranquilidade á selección española, pois os alemáns necesitaban dous goles pra clasificarse co que sacaron ó campo a todos os dianteiros que tiñan no banquillo, pero España soubo conservar a vantaxe e convírtese no cuarto país en clasificarse pra o Europeo tras Ucrania, Serbia e Francia, o vindeiro xoves saberase si será Portugal ou Turquía o clasificado do Grupo 3, mentres que os grupos 2, 4 e 6 definiránse nas vindeiras semanas.


Os alemáns non poderán revalidar o título conquistado o ano pasado. Ó igual que España tiñan equipo e calidade suficiente para estar en Ucrania pero un sorteo inxusto sen cabezas de serie e unha gran selección española costouslles a eliminación.
Luis Milla alineou en este encontro a De Gea; Mario, Pulido, David Rochela, Morgado; Camacho, Sielva, Jordi Pablo, Iago Falqué (Marcos Alonso 84); Fran Mérida (Nacho 89) e Joselu. Quedaron no banquillo Mariño, Thiago, Chirri e Aquino. Non foi da partida o lesionado Raúl Ruiz.
O Europeo Sub19 xogarase en terras ucrainas do 21 de Xullo ó 2 de Agosto.España foi campiona de Europa sub19 en 1995, 2002, 2004, 2006 e 2007. Tamén o foi cando o torneo era oficioso en 1952 e 1954.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios