A Festa da Troita reunirá o domingo a máis de trescentos comensais

45

[Diario de Ferrol] Máis de trescentas persoas participarán este domingo na X edición da Festa da Troita. Os comensais daranse cita a partir das dúas do serán no local do polbo, ubicado no barrio da Fraga, para compartir un menú a base de troitas, corzo e xabarín.


Pero, ademais de gastronomía, a Festa da Troita inclúe outros atractivos entre os que cabe destacar unha exposición de culleriñas así como un obradoiro no que se explicará como montar estes utensilios de pesca. A música correrá por conta da formación local Jin Tony´s Son. Tampouco faltará a celebración do IV Concurso de Pesca, que se desenvolverá entre as oito da mañá e a unha da tarde.
As persoas que desexen asistir ó xantar teñen que inscribirse chamando ó 600 44 34 13 ou ben recollendo ós pases nos bares As Torres e Mesón A Bodega.
A festa está organizada pola Sociedade de Caza e Pesca A Venatoria e conta coa colaboración das Pontes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios