Charla Debate a sobor do Plan Boloña

39

Durante os últimos meses estivemos a asistir a toda unha xeira de protestas e folgas estudantís, pechamentos de estudantes nas diferentes universidades do noso país, bombardeos de propaganda, declaracións e novas nos medios, sobre un tema que á mocidade nos afecta especialmente: a educación universitaria e, en concreto o Plan Boloña.
Co gallo do chamado Proceso de Boloña e da implantación do novo Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), GZ Nova As Pontes vai organizar unha Charla – Debate na Aula Polivalente da Casa Dopeso vindeiro día 29 deste mes ás 20.00 do serán. O obxectivo desta Charla – Debate é achegar moi especialmente á xente nova, pero tamén ós pais, nais ou titores que podan ter dúbidas a sobor deste proceso un pouco máis de información sobre o asunto tratado.


Para iso contamos con tres convidados:
Marcos Loureiro, Responsábel Nacional dos Comités Abertos.
Elena Sierra, Vicerreitora de Calidade e Novas Tecnoloxías da UdC.
Xulio Ferreiro, Responsábel nacional de Universidade da CIG Ensino e profesor na Facultade de Dereito da UdC.
Ficas convidad@!

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios