II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

83

Entre o 14 e o 17 de xullo celebraranse na Universidade de Santiago as II Xornadas de control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source organizadas pola asociación Auslusc (Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela).
banner_xcarfos09.png


II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09
(http://www.dec.usc.es/xcarfos/)
Curso da “UNIVERSIDADE DE VERÁN 2009” da Universidade de Santiago de Compostela
(http://www.usc.es/cultura/uveran09.htm)
Datas: 14, 15, 16 e 17 de xullo de 2009
Prazo de matrícula: aberto ata o próximo 3 de xullo de 2009.
Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten
automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos.
Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha
introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de
ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e
no ensino.
O obxectivo principal destas xornadas é dotar ó alumno cun coñecemento
básico no control automático e nos rudimentos básicos da robótica con
microcontroladores, empregando en todo momento licenzas libres. No
curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre
Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles
en GNU/Linux. Haberá tamén conferencias sobre robótica e obradoiros
nos que se programará un minirobot móbil autónomo. As xornadas
consistirán nun 25% de exposición interactiva e nun 42% de prácticas
sobre hardware. Para o maior aproveitamento deste curso, o único
prerequisito son coñecementos básicos dunha linguaxe de programación
estruturada.
Grazas ó apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago
de Compostela, estás xornadas serán recoñecidas como Curso de Verán da
USC. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o
título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as
estudantes da USC, este curso será recoñecible como 2 créditos de
libre configuración.
Información máis detallada aquí

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios