Club Montaña O Caxado

102

Hola, os compañeiros do club de montaña Oscar, Arturo e Fernando participaron este derradeiro sabado na Travesia Integral dos Montes Aquilianos, unha proba con saída e chegada en Ponferrada e sobre unha distancia de 66 Km con unha dificultade alta aumentada tamen polas condicions climatolóxicas, frio baixo cero e nevando nos cumios.
Remataron os tres a proba, Arturo 11h 50 m, e Fernando e Oscar 12h 30m. Mais información asi como fotos e comentarios no enderezo www.rutasdelbierzo.com/
Por outa banda informarvos que este sabado día 13 de Xuño ten lugar a andaina de 50 Km entre Ferrol e San Andres de Teixido na que participaremos 12 ou 13 andarins do club, xa vos contaremos como nos foi.
Os que non van a San Andres faran unha marcha nocturna pola ruta do pantano da Ribeira e Vilarbó o venres dia 12, asi que se alguen quere coñecer a fraga pola noite, a saída sera as 10 da noite do polideportivo municipal.
Lembrade levar linterna e calzado que aguante a auga pois debido as ultimas chuvias pode haber algunha zona encharcada.


INTEGRAL_AQUILIANOS_2009.jpg
Nova cortesía de Jesús

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios