Polo e Pedreira quintos na Copa do Mundo de Dinamarca

47

Os Ponteses Antonio Polo Campello e Carlos Pedreira Carneiro acadaron o 5º posto na proba da Copa do Mundo de Maratón disputada en Bagsvaerd (Dinamarca).


En primeira posición finalizou a dupla checa Jezej/Jambor, a so 3 segundos chegaron en segunda posición os españois Federico Vega/Pedro Gutierrez, terceiros foron os suecos Westlén/Granstedt, namentres que a cuarta praza foi para os daneses Jensen/Glesner.
España acadou un total de 6 metais nesta competición, catro pratas e dous bronces, as medallas de plata para Vega/Gutierrez en K2 Senior, Pablo Medrano en K1 junior, Alfonso Oreiro/Diego Castro en K2 Junior, Eukene Saez/Tania Lois en K2 Senior. Os bronces foron para Pedro Areal en C1 Senior e Federico Vega en K1 Senior.
Dinamarca, que fixo valer a súa condición de local, foi a gran triunfadora desta proba da Copa do Mundo gañando en cinco categorías, dous triunfos para Chequia, e un para Polonia e Francia.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios