O Grupo Xuvenil e o Folixa finalizan a Copa de España en sexto e cuarto posto respectivamente. Catro xogadoras do Folixa na selección española

38

Trala última proba da competición disputada este fin de semana en Madrid na que os ponteses finalizaron séptimos e as pontesas cuartas, acaban a Copa de España en 6º e 4º plaza respectivamente.


Na competición masculina, na Fase de grupos, o Xuvenil perdeu 0-3 con Vallehermoso Retiro, 2-5 con Silla, 3-4 con Málaga, vencendo 8-2 ó Rodeira de Cangas. Na loita polos postos 5º ó 8º o Xuvenil perdeu con Pinatarrense 2-4, acadando a séptima plaza tras vencer a Silla 5-3.
A clasificación final da XI Copa de España Masculina, 1º Malaga 148 puntos, 2º Madrileño Ciencias 143, 3º Castellón 137 puntos, 4º Vallehermoso Retiro 132 puntos, 5º Pinatarrense 130 puntos, 6º Grupo Xuvenil 121 puntos, 7º Silla 120 puntos, 8º Oxio 118 puntos, 9º Copacabana Ferrol 117 puntos, 10º Rodeira de Cangas 109 puntos.
Na competición femenina, o Folixa venceu a Elemental Las Rozas (3-0), perdendo con Madrileño Ciencias (3-4). En semifinais caeu ante o Madrid Velocidad (1-8) e na loita polo 3º e 4º posto volveu a caer ante o Madrileño Ciencias (0-5).
A clasificación final da XI Copa de España Feminina, 1º Madrileño Ciencias 151 puntos, 2º Madrid Velocidad 142 pountos, 3º Vallehermoso Retiro 139 puntos, 4º Folixa 136 puntos, 5º Alaquas 96 puntos, 6º Elemental Las Rozas 93 puntos, 7º Cisne Valladolid 60 puntos.
Namentres, o equipo sub21 do Grupo Xuvenil acabou en cuarto posto a Copa de España finalizada a semana pasada.
Tamén, resaltar que hai uns días catro xogadoras do Folixa foron convocadas pola selección española. Yanaisa xogou un torneo coa selección española senior en Alemania, namentres que Susana Costas, Tamara Conde e Alba Fernández foron convocadas a un adestramento coa selección española sub21.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios