Novo ciclo de grado medio de FP de informática no IES Castro da Uz

107

Este vindeiro curso comenza por primeira vez na comarca o ciclo de grao medio de “Sistemas Microinformáticos e Redes“. É un ciclo novo cun plano de estudos actualizado centrado nas seguintes areas:
– Hardware: montaxe, detección e reparación de avarías. Ferramentas de sistema.
– Sistemas operativos: instalación e administración baixo linux e windows.
– Redes: montaxe, configuración e administración. Seguridade.
– Portais web: HTML, Dreamweaver. Xestores de Contidos.
– Multimedia: Edición de video e fotografía. Animacións Flash, etc.
Coma o resto de ciclos de grao medio, é totalmente gratuito, a titulación é oficial, só é preciso ter a ESO rematada (ou ben 2ºBUP), pártese desde cero, non é necesario ter coñecementos previos, e a súa duración é de dous anos, incluíndo 2 meses e medio de prácticas en empresas.
O IES Castro da Uz ofrece este curso con dúas aulas totalmente equipadas, con máis dun ordenador por alumno e material de última xeración (rede wifi, dominio windows2003, pda, tablet pc, switches, etc.) Animádevos a ver as instalacións en calqueira momento. O prazo de matrícula xa está aberto e remata o 2 de xullo. O curso comenza o 17 de setembro.

banners_IES.jpg


CartelCiclos2009.jpg

Nova cortesía do depto. de informática do IES Castro da Uz

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios