Fotos do adestramento da selección española con vistas á preparación do Mundial

97

A selección española de hockei sobre patíns adestrou estes días na pista do IFEVI de Vigo, que será a sede do 39ª Campionato Mundial da especialidade. Os xogadores convocados para a cita polo seleccionador Carlos Feriche son Sergi Fernández, Romá Bancells, Mía Ordeig, Marc Torra, Titi Roca, Jordi Bargalló, Jordi Adroher, Marc Gual, Pedrito Gil e Guillem Trabal. (Na xornada de onte adestraron co grupo tres xogadores xuvenís do Liceo, Eduardo Lamas, Toni Pérez e Adrián Vallina, que moi probablemente acudan en Setembro ó Mundial Sub19 de Italia, no que España defende o título conquistado hai dous anos en Chile, cun xovencísimo Lamas entre os protagonistas).


España tratará de favorecerse da súa condición de local e conquistar o título a pesar das ausencias de Masoliver, Borregán, Panadero e Teixidó. Os seus maiores rivais serán sen dúbida Portugal e Arxentina, os lusos xogán ó lado de casa e contan cun bon equipo con xogadores da talla de Reinaldo Ventura, Ricardo Pereira ou Luis Viana. Por parte de Arxentina destaca o talento dos liceistas Pablo Álvarez e Reinaldo García ademáis do xogador do Oporto Emmanuel García, adestrados polo gran Martinazzo. Tampouco hai que descartar á selección de Italia, que a pesar de que hai uns días foi goleada (4-0) por Cataluña na final da Golden Cup, nunca hai que confiarse ante o caracter competitivo e gañador dos transalpinos.
O Mundial de Hockei a Patíns disputarase en Vigo do 4 ó 11 de Xullo e será retransmitido pola TVG, TVE e Teledeporte. No Grupo A xogarán Angola, Mozambique, Colombia i España, no B Suiza, Brasil, Andorra, Holanda, no C Portugal, Arxentina, Chile e Estados Unidos e no D Italia, Francia, Alemania e Inglaterra.
Portugal suma 15 titulos na competición, por 13 de España, 4 de Italia e 4 de Arxentina, namentres que Inglaterra se adxudicou as dúas primeiras edicións.

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

hockei001.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios