Comeza o proxecto kanguras de Cáritas

111

Dende hoxe mesmo, luns día 29 de xuño ata o vindeiro luns día 6 de xullo está aberto o prazo para inscribirse no Servizo de Atención á Infancia do Proxecto Kanguras, desenvolvido por Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol. Dito servizo é un espacio de tres horas e media diarias, de luns a venres en horario de tarde (de 16.30 a 20.00 horas) onde se realizarán obradoiros artísticos, expresión musical, reforzo escolar, animación á lectura, psicomotricidade, etc, guiados por persoal especializado. Está destinado exclusivamente a nenos e nenas de familias monoparentais de entre 3 e 12 anos, e pretende axudar na conciliación da vida laboral e familiar.


A inscripción e asistencia son totalmente gratuítas.
Para inscribirse, poden empregar as seguintes vías:
Chamar aos teléfonos: 981 35 23 39 ou 690 815 431
Acudir ás oficinas dos servizos sociais do Concello de As Pontes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios