Faleceu Ramón Tobar, primeiro presidente do Club Fútbol Calvo Sotelo

156

O que fora primeiro presidente do CF Calvo Sotelo, actual CD As Pontes e o primeiro club federado das Pontes, Ramón Tobar Ochoa de Alda, foi soterrado onte (luns 29) na Coruña, cidade onde faleceu á idade de 82 anos.

CF-Calvo-Sotelo-xuv-1961-62.jpg

Equipo Calvo Sotelo xuvenil 1961/62, na que aparece Ramón Tobar de paisano (con gabardina clara), á dereita de Yebra, que era o adestrador deste equipo xuvenil.


Trala federación do club Calvo Sotelo en setembro de 1960, Ramón Tobar ocupou as dúas primeiras temporadas a presidencia do histórico club pontés. Con Tobar na presidencia o cadro das Pontes, despois dunha primeira campaña de adaptación á competición oficial, logrou na seguinte, 1961/62, o campionato de liga do grupo norte da serie A –actual preferente autonómica- e na fase de ascenso á terceira división quedou ás portas do ascenso de categoría. Ascenso que logrou, por coeficiente de goles, o Bueu, xunto ó CD Foz.
Nesa mesma temporada o Calvo Sotelo, adestrado por Rodrigo Vaquero Casal, acadara o subcampionato galego de afeccionados, título que lograra o Pontevedra B despois de remontar en Pasarón (2-0) o resultado da ida no Poboado con vitoria do Calvo Sotelo por 1-0. Naquel Calvo Sotelo estaban, entre outros, Man, Nando, Nené, Modesto, Barreira, Anillo, Cayetano, Requeté, Sito, Pensa, Lexo, Peci, Teruel e Burgos.
Ramón Tobar foi substituído por Fernando Alarcón, quen ocupou a presidencia do Calvo Sotelo durante doce temporadas consecutivas, ó término das cales o club pasou a denominarse CD Endesa.

Calvo-Sotelo-60-61.jpg

Calvo Sotelo 1960/61

Nova cortesía de AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios